Ola, M.,

 

Perdoa a miña escandalosa tardanza. Levo co teu libro na miña casa varios meses, dende que T. pasoumo, hai xa tempo. Non tiña o teu correo, perdido nun deses accidentes informáticos de verán. Pero no fondo non teño disculpa.

 

Quero que sepas que Follas acaídas transmite a mesma impresión de presencia real, de escoita atenta, que se presinte na túa persoa. Todo o libriño está cheo da fidelidade á música dun lugar, dun evento case inaudíbel. Transmite a fidelidade ao son que escoita quen está nos sitios como se fora por primeira vez, por última vez. Recoñózome nesa forma de estar tomando notas, no eido máis humilde, coma se concentrara un mundo.

 

Como se non tivéramos branco e todo fora frecha. No medio dun arrecendo de areas, apuntando un pasar que non pasa. Ingrávido milagre que ven da longura da noite, neste intre anterior a calquera catástrofe.

 

Apertas e grazas,

Ignacio Castro

 

P. D. Unha vez recuperado, chegaránte outra vez as miñas cousas, tamén a invitación para eses Pontes co diaño que presenta E. G.

 

 

Madrid, 8 de febreiro de 2015